mércores, 15 de marzo de 2017

"Blanca como la nieve, roja como la sangre" en 2º de ESO




O grupo de club de lectura de 2º de ESO cambiou de coordinador. Agora coordínaos o noso compañeiro, Vicente Grandal.

Neste trimestre acabaron coa lectura d' O neno de pixama a raias e van comezar unha nova novela, Blanca  como la nieve, roja como la sangre de Alessandro D'Avenia.Resultado de imaxes para blanca como la nieve, roja como la sangre 
 Desta novela tamén temos unha versión cinematográfica.

martes, 7 de marzo de 2017

"Todos teriamos que ser feministas"

Foto de Armando Requeixo.
Non é a primeira vez que traemos a este blog as palabras da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie para falar de estereotipos, neste caso sobre os de xénero. 

O seu libro, Todos teriamos que ser feministas, publicado agora en galego, resume  a conferencia que podemos escoitar a continuación e fálanos con moito humor de todos aqueles micromachismos e machismos con palabras maiúsculas cos que ten que lidiar a muller do século XXI. 


sábado, 4 de marzo de 2017

"Enderezo descoñecido" nun dos grupos de 1º BACH.

Resultado de imaxes para enderezo descoñecidoO grupo de clubeir@s de 1º de bacharelato B-C-D rematou a lectura da novela epistolar "Enderezo descoñecido" da escritora Kressmann Taylor, que nos achegou unha trama na que o nacemento do movemento fascita da Alemaña nazi destrúe a amizade entre os dous protagonistas da historia, un xudeu e un alemán que comparten un negocio de arte e se cartean durante esta época até que as cartas do primeiro empezan a vir de volta por amosar un ENDEREZO DESCOÑECIDO

martes, 21 de febreiro de 2017

"Un monstro vén a verme"/nos cos clubeir@s de 3º A.













O grupo de clubeiros e clubeiras de 3º ESO A están a ler "Un monstro vén a verme". A pesar de que moitos deles xa foron ver a versión cinematográfica están a desfrutar con esta lectura porque poden atopar outros matices que non lles deu tempo a percibir na película que recrea esta novela.
Resultado de imaxes para un mostruo viene a verme