venres, 5 de maio de 2017

"Hora zulú" en 1º de bacharelato A


O alumnado de 1º de bacharelato A anda enleado na lectura de "Hora zulú" de Santiago Lopo. Engaiolados co tipo de estrutura da novela que chega a nós a  través de distintos textos fragmentarios: informes médicos, notas de cadernos persoais, actas dunha organización non gubernamental, correos electrónicos, poemas, etc., andamos á procura de desantrañar o quebrecabezas de historias que aparecen na obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario