mércores, 25 de novembro de 2015

25 N no IES DE VILALONGA








 








A comunidade educativa do IES de Vilalonga tamén quixo achegar o seu grao de area en repulsa da lacra social da violencia machista que se reflicte nas seguintes cifras a día de hoxe: 48-8 (6).

48 mulleres mortas, oito dos seus fillos e  seis delas galegas.


Con estes sinxelos lemas  e a lectura duns poemas manifestámonos hoxe, á porta do centro, durante dez minutos ás doce do mediodía. Agradecemos o labor da profesora Begoña Fontenla que nos mobilizou a tod@s para levar a cabo esta actividade que tenta visibilizar que non queremos ser os convidados de pedra dos que nos fala o seguinte vídeo. 



Convidados de Pedra. (V.O. Galego) from Convidados de pedra on Vimeo.

Esta interesante curta foi realizada polo alumnado do IES Poeta Añón de Outes. O seu guión foi gañador do I CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2014, organizado pola Deputación da Coruña que foi quen produciu esta obra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario